A Federación Española de Baloncesto vén de comunicar esta mesma mañá as calificacións correspondentes ao Curso Superior de Adestradores 2014, e nas que Galicia consta con pleno de aprobados para os seus nove representantes. Entre eles destaca a presenza dos ourensáns Pablo Míguez e Rubén Vieira que deste xeito acadan a titulación de nivel superior como entrenadores de baloncesto.

Galicia supera con nota o Curso Superior de Adestradores 2014

Rubén (primero por la izquierda) y Pablo (cuarto) posan con el resto de gallegos participantes en el CES2014

Unha vez reunida a Comisión de Avaliación do Curso, celebrado na súa parte non presencial do 7 de abril ao 30 de xuño, e na súa parte presencial do 12 ao 27 de xullo en Zaragoza, a FEB fai públicos os indicados resultados que cualifican como APTOS aos nove técnicos galegos que tomaron parte na convocatoria: Pedro Fernández Campos, Xosé M. Leyenda Pedreira, Mº Luisa López González, Pablo Míguez Fernández, Alberto Pérez Vidal, Diana Piñeiro Fernández, Denis Pombar Pose, Juan Raposeiras Iñarrea e Rubén Vieira González.

Todos eles tras obter a cualificación de apto en todas as avaliacións realizadas na fase presencial do CES 2014, teñen, a continuación, que elaborar e presentar o proxecto final (e comezar as súas prácticas no centro que seleccionen).