Copa Galicia Baloncesto Secretaría Xeral para o Deporte Marta MiguezBaloncesto Destacado Es noticia 

Presentada a Copa Galicia Senior de baloncensto

Destaca a celebración na mesma fin de semana da XXXII Copa Galicia Sénior Feminina en Ferrol e da Minicopa Galicia Alevín que terá lugar en Marín simultaneamente á Copa Galicia Sénior Masculina e na que participarán os equipos da categoría minibasket.

XXXII Copa Galicia Sénior Masculina

Coa salientable presencia da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, celebrouse a presentación da XXXII Copa Galicia Sénior Masculina de Baloncesto que se disputará a fin de semana do 22 ao 24 de setembro no pavillón marinense da Raña.

Os equipos participantes serán o Monbus Obradoiro, clasificado directamente por ser o equipo de máxima categoría, e o gañador da semifinal deste venres que enfrontará ao Café Breogán Candelas e ao Club Ourense Baloncesto.

A titular de Deporte galego identificou á Copa Galicia como unha “marabillosa aventura que se converteu nun inmellorable punto de encontro entre clubs, xogadores e seareiros de toda a xeografía galega”. Unha cita na que poderemos “ver un ano máis o mellor baloncesto de Galicia”, engadiu.
Marta Míguez resaltou tamén a importancia da cidade de Marín para o baloncesto galego, -que acolle por vez primeira a Copa Galicia- máxime nos últimos anos, grazas aos éxitos do Marín Peixegalego (gañador de Liga e Copa LEB Prata na tempada 2015-2016) e amosou o seu convencemento de que este equipo “volverá o ano que vén a categoría que lle corresponde deportivamente”.

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina en Ferrol

Ademais da XXXI Copa Galica Sénior Masculina, a secretaria xeral destacou a importancia da celebración na mesma fin de semana da XXXII Copa Galicia Sénior Feminina en Ferrol e subliñou “a evolución parella que tivo o baloncesto desde os seus inicios tanto na modalidade masculina como na feminina e que o converte nun deporte tremendamente igualitario ao longo dos seus 124 anos”. Do mesmo xeito, Marta Míguez destacou tamén a Minicopa Galicia Alevín que terá lugar en Marín simultaneamente á Copa Galicia Sénior Masculina e na que participarán os equipos da categoría minibasket do Marín Peixegalego, COB, Xuven Cambados, Obradoiro CAB, Básquet Coruña e Estudiantes Lugo. “Estou convencida de que moitos destes nenos chegarán o día de mañá á final da Copa Galicia na que hoxe están os seus referentes”, apuntou.

Marta Míguez desexou o mellor aos equipos que disputarán a Copa Galicia, tanto ao Monbus Obradoiro, xa clasificado para a final como aos dous equipos que xogarán a semifinal do venres, o Café Candelas Breogán e o Club Ourense Baloncesto, tras superar a fase previa na que participaban tamén o Xuventude Baloncesto (Narón) e o Leyma Básquet Coruña.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: