Actividades Baloncesto Destacado Es noticia 

Paula Ginzo elixida mellor deportista revelación 2017 pola Secretaría Xeral para o Deporte

María Pérez Araújo foi nomeada como a mellor deportista feminina e Lucas Vázquez como o mellor deportista masculino

PREMIOS DEPORTE GALEGO ANO 2017

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.

Entre os galardoados atópase a xogadora de baloncesto ourensá Paula Ginzo que na temporada actual militou na máxima categoría do basket nacional nas filas do Movistar Estudiantes. Paula ademais é unha asidua as convocatorias da selección nacional da súa idade.

Lista de premiadas e premiados

  • Mellor deportista feminina: María  Pérez Araújo (baloncesto)
  • Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)
  • Mellor deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)
  • Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)
  • Mellor equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)
  • Mellor equipo masculino: Real Club Celta de Vigo (fútbol)
  • Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)
  • Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)
  • Mellor adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (tríatlon)
  • Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Carlos Cortés Rey (baloncesto)
  • Mellor labor informativo: DXT Campeón
  • Mellor evento deportivo: Trial das Nacións – Campionato do Mundo de Trial (motocilismo)
  • Mellor patrocinio deportivo: Leite Río
  • Mellor deportista revelación: Paula Ginzo (baloncesto)
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CAPSA – Larsa
  • Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña)

Noticias relacionadas