Baloncesto Es noticia 

Ourense sede do Campus de adestradores da Fundación Aíto G. Reneses

Baixo a Dirección Técnica de Diego Ocampo, a Fundación Aíto García Reneses e Improve Basketball, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, organiza o “Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017 – Fundación AGR”

Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017 – Fundación AGR

A celebrar na cidade de Ourense entre os días 26 e 30 de xuño, dirixido polo técnico galego do Joventut Badalona, Diego Ocampo; esta excepcional iniciativa nace encarada a todos aqueles adestradores que teñan como meta seguir crecendo e mellorando na labor ao frente dos seus equipos.

O “Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017. Fundación AGR” presenta un equipo docente de primeiro nivel. Partindo da supervisión do propio Aíto García Reneses, na cidade das Burgas daranse cita en primera liña para monitorizar este Campus: o xa citado Diego Ocampo; o adestrador de Bilbao Basket ACB, Carles Durán; o técnico axudante en Real Madrid (ACB), Paco Redondo; o Seleccionador U18 Feminino, Miguel Ángel Ortega; o ata esta temporada adestrador do Basquet Coruña LEB Oro, Tito Díaz; e o líder do banquillo 2016 – 2017 de Club Ourense Baloncesto, Gonzalo García de Vitoria.

Apoiados ademáis por un nutrido conxunto de técnicos galegos este grupo de traballo repartirá a súa experiencia ao longo de cinco intensos días.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: