A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de baloncesto en Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, fixo entrega este luns no Pazo provincial ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó; e á secretaria da delegación en Ourense, María José Varela, de medio cento de mochilas-botiquín que a Deputación pon a disposición dos clubs de baloncesto da provincia de Ourense que participan nas distintas categorías da Copa Deputación.

Los presidentes de Deputación de Ourense y Federación Galega de Baloncesto en el acto de entrega de los botiquinis (Foto: Deputación Ourense)

Los presidentes de la Deputación de Ourense y la Federación Galega de Baloncesto en el acto de entrega de los botiquinis (Foto: Deputación Ourense)

Esta entrega súmase á realizada por parte da Deputación o pasado mes de setembro á Delegación da Federación Galega de Fútbol en Ourense doutras 100 mochilas-botiquín, que foron destinadas a todos os clubs que participan na Copa Deputación de Fútbol.

Con este acto a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas inchables que se empregan para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.

 

Relacionado con: :