Ana Novoa Athlos Badminton (1)Bádminton Destacado Es noticia 

Plata y bronce para Ana Nóvoa (Athlos) en el Nacional Sub13 de bádminton

CAMPIONATO DE ESPAÑA “SE BUSCA CAMPEÓN” (SUB 13) – SANTANDER.

Esta fin de semana viaxamos a Santander para participar o derradeiro Campionato de España da tempada (sub 13). O club Athlos estivo repredentado por 7 xogadores: Manuel López, Mariña González, Noa Martínez, Hugo Castro, Laura Seijo, Elena Prada e Ana Nóvoa.

Estiveron acompañados por Marta Iglesias, Sara Galicia, Laura Valverde, Sara Ezquerro, Miguel Barbado e Nuria Fernández.

Ana Novoa Athlos Badminton (1)

Ana Nóvoa subcampioa de España en IF13 tras completar un excelente campionato e verse superada, na final, por unha gran Macarena Izquierdo do CB Pitiús de forma axustada (21-19/21-17). Noraboa!

Tamén acada un merecido bronce en DX13 con Iker Rodríguez do CB As Neves, despois dunha gran tempada xuntos.

A consecución destas dúas medallas é o premio á impresionante tempada realizada, na que acadou numerosos éxitos a nivel deportivo. Gran exemplo de esforzo, traballo e actitude para todos os seus compañeiros de club. Este éxito se suma á medalla de prata acadada no Campionato de España sub 11 no ano 2017 en Ronda. 

Destacar tamén o bo nivel demostrado polos demáis xogadores que, con menor experiencia a nivel nacional, fixeron un gran papel e foron un exemplo de actitude dentro e fora da pista.

Noticias relacionadas