Bádminton Destacado Es noticia 

Miguel Barbado (Athlos) debutó en la División de Honor con el CB Arjonilla

TOP 8 LaLigaSports

Comezou a competición para o Club Athlos na tempada 2019-2020 coa participación de Miguel Barbado na 1ª xornada de División de Honra co CB Arjonilla, equipo co que xogará cedido por 4ª tempada consecutiva.

Neste primeiro compromiso disputou dobres masculino xunto a Juan Blas Villalta, superando á parella formada por Carlos Sánchez e José Luis Martín por 21-13/21-12.

O encontro finalizou cun 6-1 a favor do CB Arjonilla contra o ascendido CB Alicante.

Athlos Barbado Arjonilla

PARABÁDMINTON – NACHO FERNÁNDEZ

O xogador do Athlos de parabádminton Nacho Fernández comezou a súa preparación para unha nova tempada na que afrontará novos retos nacionais e internacionais despois do seu debut nacional no Campionato de España de 2019 en La Nucía.

O seu espírito de superación levouno a participar hoxe o Trail de Sistelo, Portugal (Socalcos Trail Adventure), despois de completar tamén o 4 de agosto o V Trail de Bande (Desafío Iter Querquennae).

Ademáis forma parte do equipo nacional de Fútbol para Amputados dende 2017, e en 2018 participou no mundial en México. Esta tempada continuará coa preparación para o Europeo de 2020

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.