athlos badmintonBádminton Destacado Es noticia 

Las competiciones ligueras coparon la actividad del Athlos

LIGA GALEGA DE CLUBES SUB 15 (Venres 01 novembro, Escola Rosalía Vigo)

Meritorio 4° posto para o Club Athlos na III Edición da Liga Galega de Clubes Sub 15.

Tras dous anos alcanzando a prata, nesta ocasión non conseguimos subir ó podio, que foi para un reforzado CER Vigo, con varias xogadoras do CB Oviedo, e o CB A Estrada A.

O equipo estivo formado por Ana Nóvoa, Noa Martínez, Laura Seijo, Miguel Presa, Manuel López e Hugo Castro. Estiveron acompañado pola adestradora Marta Iglesias e polo xogador Martín Iglesias, que foi baixa por lesión.

LIGA 2ª DIVISIÓN NACIONAL. GALICIA (Sábado 02 novembro, IES As Lagoas Ourense).

Bo comezo na Liga de 2ª División Nacional, coa disputa da 1ª, 2ª e 3ª xornadas en Ourense. O club estivo representado por 3 equipos, Athlos «A», «B» e «C».

O primeiro equipo, impúxose no grupo A por 5-0 ó CB Astures «B» e o equipo canario Ohada Flickr, co obxectivo posto na Fase de Ascenso a Primeira Nacional que se celebrará en Tenerife os días 14-15 de marzo.

No grupo B, o Athlos «B» gaña os dous encontros por 3-2, ante o Athlos «C» e o Astures «A».

TOP 8 LaLigaSports. 4ª xornada (Sábado 02 de novembro, Ibiza).

Miguel Barbado participa una xornada máis na división de honra co CB Arjonilla. Nesta ocasión, o equipo non conseguiu facerse coa victoria ó caer derrotado por 5-2 contra o CB Pitiús en Ibiza.

CIRCUITO SÉNIOR (Domingo 03 de novembro, Riosa).

O nodo xogador Julio Fernández Valencia participou hoxe no Circuito Sénior de Riosa, acadando OURO por partida dobre en DM e DX xunto a Arturo Martínez e Patricia Fernández de Gijón.

TTR SUB 13-17 (Domingo 03 de novembro, Club del Mar San Amaro, A Coruña).

Finalizamos a fin de semana coa participación no TTR Sub 13-17 organizado polo Club del Mar en A Coruña.

Numerosa participación do Club Athlos con 12 xogadores acompañados das adestradoras Sara Ezquerro, Laura Valverde e Sara Galicia.

  • Javier Álava campión en IM17 e DM17.
  • Ana Nóvoa campioa en IF17 e bronce en DX17.
  • Bronce para Gael Rodríguez Pérez e Emma Pedrera en DX13.
  • Bronce para Gael Rodríguez Santamaría en DM13.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.