Martín IglesiasBádminton Destacado Es noticia 

Bronce Sub15 para Martín Iglesias en Nacional de bádminton

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 15. MAZAGÓN, HUELVA.

Meritorio bronce para Martín Iglesias en dobres masculino xunto ó seu compañeiro Javi Pereira do CB A Estrada no Campionato de España sub 15 que se celebrou en Mazagón entre os días 17 e 19 de maio. Desprazouse a Huelva acompañado da adestradora Marta Iglesias.

Martín Iglesias

Superaron en cuartos de final a Juan Fernández e Yeray Carretero por 21-15 e 21-15. Gran partido na semifinal contra Alejandro Baschwitz e Ricardo Rettig, perdendo finalmente por 22-20 e 21-18.

Demostraron un gran nivel de xogo durante este campionato, como premio a unha boa tempada na que foron campións galegos sub 15, bronce nos campionatos galegos sub 17 e sub 19, bronce nos másters de Guadalajara e Collado, e subcampións no máster de Gijón.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.