Bádminton Destacado Es noticia 

Actuación do Club Athlos no Campionato de España Sub 11 e Absoluto de bádminton

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 11-ABSOLUTO. PONTEVEDRA.

O pasado fin de semana Club Athlos estivo en Pontevedra no Campionato de España sub 11 e absoluto representado por 6 xogadores de categoría sub 11 e 6 absolutos.

Sara Ezquerro e Laura Valverde caeron en cuartos de final contra as campioas de España Laura Molina e Haidee Ojeda, pese a completar un moi bo partido.

Sara Ezquerro e Miguel Barbado perden en octavos de dobres mixtos cos campións Lorena Uslé e Alberto Zapico.

A parella formada por Martín Barbado e Sergio Vidal perderon en un axustado partido contra os subcampións de dobres masculino Jaume Pérez e Javier Sánchez.

Laura Valverde con Alejandro Rivadulla do CB As Neves cae en octavos de dobres mixtos nun disputado partido contra a parella catalana formada por Carlos Olivar e Nerea Sánchez.

Sergio Vidal e Antonio Iglesias estiveron preto de pasar a primeira ronda de individual tras dous axustados partidos a 3 sets contra Álvaro Leal e Manu Vázquez respectivamente. Moi bos actuación de ambos. 

Miguel Barbado pasou a primeira ronda de individual e perde en segunda ronda contra o que foi o seu compañeiro no CARD de Madrid Álvaro Vázquez.

Pola súa banda, os nosos representantes en categoría sub 11 completaron un gran estreno en competición nacional. Destacar a Gael Rodríguez, que conseguiu pasar como primeiro de grupo en individual masculino e acadou o cadro principal.

Completaron a participación Xoel Álvarez, Martina Llamas, Bea López, Marta Soto e Teo Fernández.

Próxima semana doble cita para o Athlos.

Martín Iglesias viaxa a Mazagón, Huelva, para participar no Campionato de España sub 15.

E por outra banda, o clube organiza a 2ª previa de Copa Diputación de Maiores (sub 19, absoluto e sénior), o sábado 18 en Lagoas. 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.