Jose Manuel Martinez, flanquedao polo Presidende do Comité Galego de Xuíces -dereita- e o Presidente da Federación GalegaAtletismo Destacado Es noticia 

O xuíz ourensán José Manuel Martínez distinguido coa Placa Ramón Docal 2017 na Gala do Atletismo

Gala do Atletismo de Galicia 2017

Este venres 12 de xaneiro, na Gala do Atletismo de Galicia, que se celebrou no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras fíxose entrega da Placa Ramón Docal ó ourensán José Manuel Martínez Fernández, xuíz árbitro nacional de Ourense.

Jose Manuel Martinez, flanquedao polo Presidende do Comité Galego de Xuíces -dereita- e o Presidente da Federación Galega
Jose Manuel Martinez, flanquedao polo Presidende do Comité Galego de Xuíces – a súa dereita- e o Presidente da Federación Galega recolle o placa conmemorativa (Foto: Comité Galego de Xuíces)

José Manuel Martínez conta cunha extraordinaria trayectoria no mundo do atletismo. Participante nos Xogos Olímpicos de Barcelona, Campionatos do Mundo ou Europa tanto o Aire Libre como en Pista Cuberta e con presenza habitual nos mais destacados eventos atléticos que se desenvolven en España, José Manuel Martínez colabora acotío nas probas da delegación ourensá e participa activamente en tarefas de formación de novos xuíces.

Outros catro ourensáns teñen sido recoñecidos con esta distinción:

  • 1995 – Alfonso Rodríguez Rodríguez
  • 2006 – Marina Conde Araujo
  • 2012 – Mª Estela Diéguez Fernández
  • 2014 – José Mª López del Río

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario