V Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense”
O vindeiro día 26 de abril arranca no barrio de O Viteún a quinta edición do cirtuito
V Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense”
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca, o V Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
Data e Lugar
O Circuíto “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras:
1ª DOMINGO 26/04/2015 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 30/05/2015 CARREIRA DO COUTO
3ª DOMINGO 28/06/2015 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 6/09/2015 CARREIRA DA PONTE
5ª DOMINGO 27/09/2015 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
6ª DOMINGO 25/10/2015 CARREIRA DA CARBALLEIRA
Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.
Participantes
As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2009 E POSTERIORES
BENXAMÍN 2006 / 2007 / 2008
ALEVÍN 2004 / 2005
INFANTIL 2002 / 2003
CADETE 2000 / 2001
JUVENIL 1998 / 1999
JUNIOR 1996 / 1997
PROMESA 1993 / 1994 / 1995
SENIOR 1992 E ANTERIORES ATA VETERANOS
VETERANOS A DE 35 A 44 anos
VETERANOS B DE 45 A 54 anos
VETERANOS C DE 55 A 64 anos
VETERANOS D MAIORES DE 65
Inscrición
As inscricións realizaranse aquí facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día 8 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.
A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do Circuíto nas que participe son gratuítas.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.
Maria Milagros De Salas Alvarez liked this on Facebook.
Angela Dopereiro Garcia liked this on Facebook.
Aida F. Casal liked this on Facebook.
Geli Rodriguez Alvarez liked this on Facebook.
Isa Gomez Gonzalez liked this on Facebook.
Xosé Fernando Varela Parada liked this on Facebook.
Valeria Simoes liked this on Facebook.