San silvestre ourensa ourense 2018Atletismo Destacado Es noticia 

Un millar de inscritos en la San Silvestre Ourensá

III Carreira da San Silvestre Ourensá

A III edición da Carreira da San Silvestre, que terá lugar o 31 de decembro polas rúas da cidade, acada este ano cifras récord de inscrición, xa que ao peche da convocatoria apuntáronse un total de 1.112 atletas.  O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que esta cifra “confirma a boa resposta que os ourensáns están a dar a esta proba creada neste mandato”. Tamén destaca que esta cifra “supera amplamente o número de participantes das dúas edicións anteriores: a celebrada en 2016, que contou con 881 persoas, e a de 2017, cando foron 896”.

Así o confirmou na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local, na que se trataron 10 asuntos achegados por diferentes concellerías e na que o concelleiro de Deportes, Mario Guede, deu conta dos datos da San Silvestre fóra da orde do día.

A saída e meta da proba estarán no Xardín do Posío. Na categoría absoluta o circuíto será de 5 quilómetros e percorrerá rúas do centro histórico da cidade: Padre Feijoo, Colón, Praza Maior, Barreira, As Burgas, Desengano, Avenida de Pontevedra, Rúa Lamas Carvajal, Paseo, Concordia, Santo Domingo, Praza do Ferro, Fornos, Unión, Praza do Trigo, Hernán Cortés, Prieto Nespereira e Lugo, para rematar de novo no Xardín do Posío.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.