Mellor Atleta 2017 FGAAtletismo Destacado Es noticia 

Seis ourensáns optan ó galardón de Mellor Atleta 2017

A Federación Galega de Atletismo inclúe a seisatletas ourensáns entre os que optan ó recoñecemento como mellor atleta da tempada na súa categoría.

Votación Mellor Atleta 2017

A Federación Galega de Atletismo fixo público hai unhas datas a selección de atletas candidatos ó galardón de Mellor Atleta 2017.

Entre os elexidos figuran seis nomes salientables do noso atletismo. Así, como candidatos na máxima categoría, a absoluta, están incluidos os saltadores José Alfonso Palomanes e Leticia Gil e o lanzador de martelo Carlos Revuelta. O primeiro cun currículo cheo de éxitos que o sitúan como o mellor atleta ourensán de sempre e a segunda con un logro que a colocou para sempre na historia do atletismo galego: ser a primeira muller en superar os 6 metros no salto de lonxitude. Pola súa banda, Carlos Revuelta ven progresando ano tras ano ata situarse entre os mais destacados lanzadores do panorama nacional.

Completan a lista de candidatos tres representanres do atletismo master pola súa prestación nos pasados Campionatos de Europa Master disputados en Dinamarca: Rubén Díz (medalla de bronce en 5000 y medio maratón), Emma Valencia (plata en 100 vallas) y Luz Mª Domínguez (medalla de bronce en 4×100 -mellorando o récord de España- e récord de España nos 400 metros).

Hai que lamentar a ausencia de deportistas ourensáns na categoría de Mellor atleta sub-23 feminino ou masculino por non acadar os logros esixidos nas bases da premiación.

Mellor Atleta 2017 FGA

A resolución destes premios farase pública durante a Gala Anual do Atletismo Galego que terá lugar en O Barco de Valdeorras o vindeiro 12 de xaneiro.

Mellor atleta absoluto

Esta categoría galardoa ó mellor e a mellor atleta do ano. Para ser incluido en ela é preciso ter sido internacional na categoría absoluta, medallista no Campionato de España Absoluto (aire libre ou pista cuberta) ou ter mellorado o Record Galego Absoluto nalgunha proba do programa olímpico.

  • Categoría masculina
    • José Alfonso Palomanes
    • Carlos Revuelta
  • Categoría feminina
    • Leticia Gil

Mellor atleta master

O grupo de atletas que poden optar a este galardón inclúe unicamente a quenes foron medallistas en campionatos internacionais ou ocupan un posto en entre os 10 mellores do ranking mundial da súa proba (coa condición de participar en Campionatos específicos da categoría master).

  • Categoría masculina
    • Rubén Díz
  • Categoría feminina
    • Emma Valencia
    • Luz María Domínguez

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario