Actividades Atletismo Destacado Es noticia 

A San Silvestre Ourensá chega aos mil inscritos nesta segunda edición

Increméntase a inscrición respeito da primeira edición pero sin chegar aos números de Vigo, Coruña, Pontevedra ou Lugo

II San Silvestre Ourensá – 2017

A II Carreira Popular de San Silvestre, que se celebrará o domingo 31 de decembro de 2017 a partir das 16:00 h. polas rúas da cidade, pechou a súa inscrición con mais de 1000 inscritos, repartidos entre as catro carreiras a disputar: a de pitufos con 119 inscritos, a sub-10/sub-12 con 91, a sub-14/sub-16 con 62 inscritos e a proba raíña, a carreira absoluta que con 836 inscritos supera os 700 da primeira edición.

A proba, que presenta un novo percorrido polas rúas da zona centro da cidade con saída e meta no Xandín do Posío, entra en compentencia directa coa tracional San Silvestre de Castrelo, que este ano chegará a 19ª edición e que, a pesar de todo, suma outros 400 participantes. Pola sua banda, a Derradeira de Allariz, lonxe de competir optou por programarse as 10 da mañá, o que permitirá a mais de ún e unha pechar o ano correndo duas carreiras.

Foto: Tito Picouto

A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017 no lugar e horario que a organización comunicará por correo electrónico con suficiente antelación.

 

Percorrido.

1 Volta Grande 2,5 Km. (Aprox.) Saída e meta Xardín do Posío.

Xardín do Posío – Rúa Padre Feijóo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa Burgas – Rúa Desengaño – Avenida de Pontevedra – Rúa Lamas Carbajal – Rúa do Paseo – Rúa Concordia – Rúa Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa dos Fornos – Rúa Unión – Praza do Trigo – Rúa Hernán Cortés – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Lugo – Xardín do Posío.

Horario:

  • 16:00 – Pitufos Xardín do Posío – 70 m.
  • 16:10 – Sub 10 – Sub 12 – 1 Volta Pequena 1,5 km.
  • 16:25 – Sub 14 – Sub 16 – 1 Volta grande 2,5 km.
  • 16:45 – Absoluta – 2 voltas grandes 5 km.
  • 17:30 horas, peche de control

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario