Atletismo Destacado Es noticia 

Representates do atletismo master ourensán visitan a Deputación antes do Mundial de Atletismo de Málaga

Visita deportistas veteranos a la Deputacion Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha representación de atletas veteranos de Ourense que participarán no Mundial de Atletismo Máster que terá lugar do 4 ao 16 de setembro en Málaga e no que se darán cita preto de 8.000 deportistas.

A delegación de deportistas veteranos que visitaron hoxe a Deputación de Ourense estivo integrada por Emilia Mesa (lanzamento de peso e xabalina), Benito Gómez (medio maratón) , X. M. Fernández Márquez (10.000, 5.000 e medio maratón), Luz María Domínguez (400, 800), Domingo Álvarez (400, 800), Adolfo Salgado (adestrador), Rubén Diz (medio maratón), Chema Ferreiro (100 m. lisos) e Emma Valencia (100 m. vallas).

Trala reunión, Baltar dixo que a Deputación de Ourense “axudará aos deportistas que levarán o nome de Ourense nun evento deportivo de primeiro nivel internacional”, e desexoulles “grandes éxitos” na vindeira competición.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.