Atletismo Es noticia 

Presentada oficialmente la «Subida a Montealegre»

O 22 de marzo celebrarase a primeira «Subida a Montealegre», unha proba contrarreloxo de 3 quilómetros de percorrido

I Subida a Montealegre – Ourense – 22.03.2015 [Reglamento]

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a primeira «Subida a Montealegre», unha carreira contrarreloxo de percorrido lineal, cunha subida de 3.000 metros.

A saída terá lugar ás 11 h. na rúa Fonte dos Caños -xunto ao cemiterio de San Francisco- e meta na estrada de Montealegre, xunto á urbanización do mesmo nome, dentro do límite perímetral do Concello de Ourense.

Cunha pendente máxima dun 24,9% e unha media de 9,4%, poderán participar persoas maiores de 18 anos cumpridos antes do día da proba, cun sistema de saída individual ou por tandas, en función do número de participantes.

As inscricións poden formalizarse desde hoxe, e ata o 17 de marzo, a través da web www.deportesourense.com. A cota de inscrición será de 7 euros con chip de aluguer e 5 euros con chip en propiedade.

Modalidades de participación e premios

Haberá tres modalidades de clasificación: clasificación individual por tramos de idade, individual absoluta e equipos mixtos.

A individual por tramos de idade será Súper (nados entre 1997 e 1981), Mega (entre 1980 e 1961) e Plus (antes de 1960).

Os equipos mixtos estarán formados por catro integrantes con representación de ambos sexos, sumándose os tempos netos de todos os membros do equipo.

Subida-Montealegre-Ourense

[Todas las noticias relacionadas con la I Subida al Montealegre]

Noticias relacionadas

One Thought to “Presentada oficialmente la «Subida a Montealegre»”

Comments are closed.

A %d blogueros les gusta esto: