Andaina MonterreiActividades Atletismo Destacado Es noticia 

Presentada na Deputación a 5ª andaina “Viño de Monterrei”

5ª andaina “Viño de Monterrei”

A 5ª andaina “Viño de Monterrei” ofrecerá aos asistentes unha ruta de sendeirismo de 19 quilómetros para coñecer o municipio e os seus viños facendo deporte, mentes que para os menores de 7 anos acompañados por un adulto, haberá actividades infantís en formato xincana para gozar desta xornada deportiva en familia. A presentación deste evento tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez; o responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; e a responsable de actividades de lecer e de ocio da cooperativa Xeitura, Begoña Garrido.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo “que pon en valor a riqueza patrimonial, natural e cultural do municipio” dixo Rosendo Fernández, e que ademais “permite aos participantes coñecer un dos produtos estrelas do municipio e da comarca: o viño de Monterrei, a través dunha actividade saudable deseñada para gozar en familia”.

Andaina Monterrei

Pola súa parte, o alcalde de Monterrei dixo que esta iniciativa deportiva responde a tres obxectivos: “promover a práctica deportiva cunha actividades de baixa intensidade para unha maior participación, dar a coñecer o noso abundante patrimonio material e inmaterial e, sobre todo, a paisaxe dos nosos viñedos nesta época do ano e a propia actividade das adegas que están en plena vendima, e poñer en valor o viño como motor económico do noso municipio”

A proba, de dificultade media, terá lugar o vindeiro sábado, 6 de outubro, ás 10.00 horas desde a Alameda do Concello de Monterrei e rematará no mesmo punto. Os interesados en participar poderán anotarse, por un custe de 5 euros, no Concello de Monterrei, na tenda Multisport de Verín ou na tenda Deportes Redonet de Ourense, ou o mesmo día da proba. Ao longo do percorrido os participantes terán dous avituallamentos e, ao remate da proba, haberá un punto de degustación e sortearanse varios lotes de viño xunto con outros regalos.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.