Presentada a XXVII edición Subida a Costiña de Canedo: empeza o 2020 correndo
XXVII SUBIDA COSTIÑA DE CANEDO
Trátase dunha competición popular que segue mantendo o mesmo ideal co que foi creada por Saturnino González fai xa 27 anos. E o primeiro evento deportivo do ano en Ourense.
Data da celebración: 1 de xaneiro de 2020 ás 12:00 horas para tódalas categorías.
Saída: Plaza de Eirasvedras, Quintela de Canedo.
Chegada: Lugar da Igrexa, Castro de Beiro
Organiza: Clube Ciclista Maese Riders Team, Clube Ourense Atletismo e Saturnino González Nóvoa.
Colabora: Consello Municipal de Deportes de Ourense e Deputación Provincial de Ourense.
Percorrido: A distancia é orientativa e non homologada. A proba ten unha distancia aproximada de 4200m., cun desnivel máx. do 20% (a Costiña) e os-as atletas poderán participar nas seguintes modalidades:
- Carreira a pé
- Carreira con cans
- Carreira con bicicleta.
- O percorrido da proba transcorrerá polas seguintes rúas: saída Praza de Eirasvedras. Quintela , rúa Canedo, Santoufe, rúa Pazo Eiroás, rua Costiña de Canedo, carreteira Castro a Palmés ou- 0521.
- A meta estará situada no “Lugar a Igrexa” entre a capela e o cemiterio Castro de Beiro.
- Haberá un abastecementro, sólido e líquido, na meta.
Inscripcións: Ata o 29 de decembro. Precio: 5€ Por internet: https://sportmaniacs.com/es De xeito presencial:
- Redonet Deportes,
Rúa Ervedelo nº 21. Ourense
- Garpe Sport, Avda Buenos Aires 86-88. Ourense
Retirada de dorsais
- O día 30 na
Cafetería Pavillón dos Remedios, Ourense en horario de 10:00 h. ás
18:00 h.
- O mesmo día da proba na mesa habilitada na Praza de Eirasvedras, de 9:00 a 11.30 h.
Premios:
Absolutos : 1º, 2º e 3º premios (home e muller) e tamén de cada categoría. Haberá una categoría especial para atletas con discapacidade.
Participantes: de tódalas idades (menores con autorización). Aproximadamente: 250.