Andaina de Paderne 2018Atletismo Destacado Es noticia 

Presentada a XI andaina de Paderne de Allariz, en favor da Asociación Española Contra o Cancro

O evento deportivo, con tres percorridos de 23, 17 e 13 quilómetros, terá lugar o domingo, 13 de maio.

XI andaina de Paderne de Allariz

O Concello de Paderne de Allariz acollerá o domingo, 13 de maio, a XI edición da andaina, en favor da Asociación Española Contra o Cancro. A presentación desta iniciativa deportiva tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde e o tenente de alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández e José Abad; a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez e a presidenta da Asociación Española contra o Cancro Ourense, Dora Gómez.

Andaina de Paderne 2018

A Deputación de Ourense colabora con este evento que aglutina “deporte, natureza e solidariedade”, sinalou Rosendo Fernández, quen explicou que se trata “dunha iniciativa que desenvolve Paderne de Allariz desde o ano 2008, ofrecendo en cada edición diferentes rutas, co fin de dar a coñecer a riqueza paisaxística da contorna”. Pola súa parte, o asesor de Deportes da Deputación destacou “o magnífico labor que desenvolve a AECC de Ourense”.

A proba ofrece aos participantes tres posibles percorridos de 23, 17 e 13 quilómetros que “discorren polos lugares máis emblemáticos do municipio”, sinalou o alcalde de Paderne de Allariz. Os interesados en anotarse poderán facelo ata o día 9 de maio cun custo de inscrición de 6 euros. A saída da proba será ás 9.00 horas desde a Casa do Concello.

Asemade, o municipio de Paderne de Allariz, tamén acollerá ese mesmo día o I Trail cun percorrido de 21 quilómetros e que comezará ás 10.00 horas desde a Casa do Concello. Os interesados en participar poderán anotarse a través da web championchipnorte.com. Neste senso, José Manuel Fernández dixo que esperaban “unha participación de 200 persoas en cada proba”. O alcalde de Paderne de Allariz, quen explicou que as rutas discorren polos lugares máis emblemáticos do municipio, dixo que se espera “unha participación de 200 persoas en ambas probas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.