Atletismo Destacado Es noticia 

Presentación oficial da Carreira Pedestre do San Martiño 2017

XLI Carreira Pedestre Popular do San Martiño

O salón de pleno do Concello de Ourense acolleu na maña de hoxe a presentación da XLI Carreira Popular do San Martiño.

Presidida por o Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, contou coa presenza da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, o concelleiro de deportes de Ourense, Mario Guede, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, así como representantes dos grupos municipais, da Federación Galega de Atletismo e dos distintos patrocinadores e colaboradores.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, destacou da San Martiño os 10 quilómetros urbanos que percorren os lugares “máis emblemáticos” de Ourense, as tres distancias que abranguen todas as idades (10 quilómetros para adultos, 4,7 para escolares e 1,4 para cativos) e nas que “se nota o incremento da participación feminina”, os miles de espectadores e os miles de participantes, que xa chegan aos 12.000, así como a celebración dunha “festa na que as familias se unen para facer deporte”.

Lembramos os prazos de inscrición:

Carreira Absoluta:

  • do 6 outubro ao 31 de outubro a cuota é de 5€
  • do 1 ao 12 de novembro a cuota é de 7€

Carreira Escolar: Gratuita

  • Colexios: ata o 4 de novembro
  • Individual: ata o 12 de novembro

Regulamento e inscrición: https://goo.gl/vPQmsx

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: