Atletismo Destacado Es noticia 

Presentación do Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Expourense

Expourense encargarase do coidado e mantemento da pista polo que proximamente será asinado un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense

VI-Liga-ABANCA ExpourenseO Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense (organizado polo Concello de Ourense, Expourense e a Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte) contará na súa xornada de mañá la fase final da Liga Abanca para as categorías benxamín, alevín e infantil. Mentres que pola tarde haberá distintas probas para todas as categorías de idades.

O plan de competición será intenso: comezará ás 10:30 da maña cos máis novos, os benxamíns e alevíns (6-7 e 8-9 anos, respectivamente), sobre 350. Continuarase coa competición rematando a sesión matinal coa cerimonia de entrega de premios aos mellores equipos da cada unha das categorías.

 

Ás 17:00h proseguirá a competición coas categorías infantís e, de xeito paralelo, están programadas probas para as categorías de cadete en adiante (haberá outros 350 participantes) e para as probas sénior (200 atletas). Deste xeito daráselle uso a totalidade do equipamento, xa que haberá probas que se disputarán no anel da pista, probas de velocidade ou valados na recta interior e concursos como lanzamento de peso, pértega ou saltos de altura e lonxitude.

Estímase que o día da competición se despracen a esta nova instalación un milleiro de deportistas, contando con xuíces e preparadores. As gradas teñen capacidade para 500 persoas e, para eventos de moita participación, pódense ampliar até os 1.500, o que converterá este evento nun verdadeiro día de festa para o atletismo galego e o deporte da nosa cidade.

Valoracións da secretaria Xeral para o Deporte e o Alcalde de Ourense

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou na mañá de hoxe no Salón de Plenos do Concello de Ourense na presentación do Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense que porá en marcha a nova infraestrutura deportiva ourensá como unha das mellores pistas hidráulicas cubertas de España. A responsable de Deporte salientou que este trofeo, que se celebrará o vindeiro sábado 16 en sesión de mañá e tarde, “marca unha nova época no atletismo galego, unha época na que todos os atletas poderán ter á súa disposición unha pista que conta coa tecnoloxía máis avanzada, que lles dará un plus de motivación, que será un referente a nivel nacional e un reclamo para que os mellores deportistas queiran vir competir a Ourense”.

Pista Cubierta Expourense

Así, Marta Míguez identificou a inauguración da pista como “un fito na historia do deporte en Galicia e en Ourense, así como na historia do atletismo”. “Que mellor xeito de realizar esta inauguración que mediante a organización dunha competición de atletismo xa que son os atletas, os deportistas e a sociedade en xeral, os destinatarios e os beneficiarios desta infraestrutura deportiva deste calibre”.

Tras agradecer o traballo “conxunto e colaborativo” a Expourense, ao Concello de Ourense e é Federación Galega de Atletismo, a titular de Deporte informou que a propia Fundación de feiras e exposicións de Ourense encargarase do coidado e mantemento da pista polo que proximamente será asinado un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte. É preciso, dixo, que a pista “estea nas mellores mans, que reciba unha atención coidada, constante e profesional que a manteña en perfecto estado para estar a punto cando sexa solicitada para unha competición”.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientaba que “este sábado será o primeiro de moitos que traerán á nosa cidade probas de nivel autonómico, nacional e internacional no circuíto de inverno”. “Debemos ser conscientes da importancia deste feito, pois agora podemos ser centro e referente do atletismo de pista cuberta grazas a este investimento de tres millóns de euros por parte da Xunta de Galicia”, dixo.

[Cómo llegar a la Pista Cubierta de Expourense]

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario