ParroiraAtletismo Destacado Es noticia 

Presentación do I “Parroira Trail” e da X andaina do Concello da Merca

A X andaina e o I “Parroira Trail” amosarán, o 27 de outubro e o 3 de novembro, respectivamente, o patrimonio inmaterial, cultural e paisaxístico do municipio da Merca. A presentación destes eventos deportivos tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o tenente de Alcalde da Merca, José Manuel Taín; o secretario e o vogal da Asociación Deportiva Ovala2, José Ribo e Alberto Taín; e en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Manuel Pérez.

Parroira
Presentación do I “Parroira Trail” e X andaina da Merca.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I “Parroira Trail” e da X andaina do Concello da Merca. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do tenente de alcalde da Merca, José Manuel Taín; o concelleiro da Merca Javier Gesteira; en representación da Secretaría Xeral para o deporte Manuel Pérez e do secretario e do vogal da Asociación deportiva Ovala2, José Ribo e Alberto Taín, respectivamente.

Ambos eventos, cos que colabora a Deputación de Ourense, aglutinan “deporte e natureza e contribúen a dinamizar o territorio”, sinalou Rosendo Fernández. A X andaina, que organiza o Concello da Merca, ofrece un percorrido de 15 quilómetros de dificultade media que pon en valor “o patrimonio inmaterial, cultural e paisaxístico do municipio”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense. A saída da proba será o 27 de outubro, ás 9.00 horas, desde o local social de Rubillos. Os interesados en participar na andaina poderán inscribirse ata o 25 de outubro ás 13.00 horas no Concello ou o mesmo día da andaina ata 30 minutos antes. O prezo da inscrición é de 5 euros.

Pola súa parte, o I “Parroira Trail”, organizado pola Asociación Deportiva Ovala2 e o Concello da Merca, comezará ás 9.30 horas, o 3 de novembro, no pavillón municipal da Merca. O evento ofrece dous posibles percorridos de 14 e 28 quilómetros que discorren por camiños, sendeiros e corredoiras do municipio da Merca e A Bola, sendo o río Arnoia o protagonista en diferentes tramos da proba que tamén atravesará a Reserva da Biosfera, coa principal presenza do “Canal do Ruca”, pasará polo pobo abandonado da “Ponte Ermida”, a “Fonte dos Ollos” e pola agrupación de Canastros da Merca, explicou José Ribo.

O trail, que se desenvolverá na modalidade por parellas, discorrerá por “unha paraxe peculiar e única, idónea para calquera actividade deportiva”, dixo Alberto Taín, quen engadiu que o obxectivo é “continuar a mostrar a riqueza natural do municipio a través deste tipo de eventos”. Actualmente, están inscritos no trail “116 persoas”, dixo José Ribo, pero os interesados en participar teñen de prazo ata o 29 de outubro para anotarse, por un custe de 15 euros, na páxina web www.galitiming.com.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.