Atletismo Gallego Relevos Lugo Foto Nacho RegoAtletismo Destacado Es noticia 

Podios para ADAS e Ourense Atletismo no Campionato Galego de Relevos

As pistas do Campus de Ourense viviron unha animada xornada

II Campionato de Galicia de Relevos

As pistas de atletismo do Campus Universitario de Ourense acolleron a segunda edición do Campionato de Galicia de Relevos, competición que aglutina as probas de relevos que ata o ano pasado se disputaban como parte dos campionatos de categorías. Deste xeito preséntase unha competición na que se mesturan probas desde a categoría infantil ata a máster.

Atletismo Gallego Relevos Paula Foto Nacho Rego

A participación ourensá tivo os mellores resultados nas categoría de promoción acadando varios equipos postos de podio.

No 4×80 infantil feminino subcampionato para o Ourense Atletismo quedando a só cinco milésimas de acadar o título.

Dobre posto de podio ourensá no 4×300 cadete feminino onde o ADAS Proinor facíase co título galego levando a medalla de bronce o combinado do Ourense Atletismo. Nesta proba o equipo do CD La Purísima remataba na sexta praza.

Finalmente, no 4×100, o equipo cadete feminino do ADAS Proinor remataba terceiro.

Atletismo Gallego Relevos Lugo Foto Nacho Rego

Unha xornada na que se botou en falla a participación de algún dos mellores equipos de Galicia pero que resultou animada para a numero público asistente.

 

Noticias relacionadas