Pista Cubierta ExpourenseAtletismo Destacado Es noticia 

A pista cuberta de Expourense inaugúrase o vindeiro 16 de decembro

Según informa a Federación Galega de Atletismo esta son as primeiras datas confirmadas para o inicio das actividades atléticas na pista cuberta de Expourense:

Un torneo inaugural o día 16 de decembro, varios campionatos galego en xaneiro e a posibilidade de acoller o Campionato de España sub 20 no mes de marzo.

1. Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense

O vindeiro 16 de decembro de 2017 celebrarase o Trofeo Inaugural Pista Cuberta de Ourense, organizado polo Concello de Ourense e Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.

Na sesión matutina celebrarase :a Fase Final da Liga ABANCA para categoría Benxamín-Alevín-Infantil mais o Acto inaugural da instalación deportiva.

Na sesión de tarde haberá distintas probas abertas a tódalas categorías.

2. Campionatos de Galicia na Pista Cuberta de Ourense :

A inauguración da Pista Cuberta de Ourense permitirá asumir, dentro das datas dispoñibles, os campionatos de Galicia máis Importantes da tempada. Tendo en conta que os campionatos de España celebraranse máis tarde, a Federación Galega de Atletismo completará as programacións coas instalacións de Lugo e a Coruña.

A Directora Técnica da federación Galega de Atletismo propuxo á Comisión Delegada da Asemblea Xeral as datas para a celebración dos Campionatos de Galicia de Pista Cuberta que se van a celebrar en Ourense.

23-30/12/2017 Campionato Galicia Máster (antiga categoría de veteranos).
6-7/01/2018 Campionato de Galicia de Probas Combinadas.
7/01/2018 Copa de Clubs de Pista Cuberta.
13/01/2018 Campionato de Galicia Absoluto e Promesa de Pista Cuberta.
14/01/2018 Campionato Xuvenil e Júnior.

3. Campionatos de España de Pista Cuberta en Ourense.

A Secretaría Xeral para o Deporte xunto á Federación Galega de Atletismo, veñen de solicitar á Real Federación Española de Atletismo a organización do Campionato de España Sub 20 os días 3 e 4 de marzo de 2018.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: