Atletismo Destacado Es noticia Fotos 

Ourense Atletismo e ADAS Proinor protagonizan a final da Liga ABANCA

Una liga adicada as categorías benxamín, alevín e infantil que serviu de estrea da pista cuberta de Expourense

Fase Final da VI Liga ABANCA (Ver galería de fotos)

Crónica: Federación Gallega de Atletismo

Coincidindo ca estrea da Pista Cuberta Expourense, disputaríase esta pasada fin de semana a Fase Final da VI Liga ABANCA para os clubes clasificados da previa desenvolta o pasado dia 18 de novembro nas sedes de O Barco, Pontevedra e Santiago.

Como ben sendo habitual nesta competición, a tónica domiñante caracterizaríase pola numerosísima participación, na que as emocións, o espectáculo e a deportividade viviríanse de maneira moi intensa tanto dentro como fora da pista.

Dominio ourensán

A Nivel de resultados os equipos ourensáns serían os domiñadores claros desta edición na que estarían en tódolos podiums e nos que ademáis, o Ourense Atletismo acadaría os trunfos nas categorías femeninas de alevín e infantil, sendo a victoria na benxamín masculina para o  ADAS-Proinor. O resto de títulos estarían repartidos entre a Gimnástica e Millaraio, gañadores masculinos na alevín e infantil respectivamente así como o Vila de Cangas que faría o propio na benxamín feminina.

Podium equipos Fase Final VI Liga ABANCA

  • Benxamín Homes
    • 1º ADAS-Proinor
    • 2º Fontes do SAR
    • 3º Ourense Atletismo
  • Benxamín Mulleres
    • 1ª A.Vila de Cangas
    • 2ª Atletismo Narón
    • 3ª ADAS-Proinor
  • Alevín Homes
    • 1º S.Gimnástica de Pontevedra.
    • 2º Ourense Atletismo
    • 3º ADAS-Proinor
  • Alevín Feminino
    • 1ª Ourense Atletismo
    • 2ª Marineda Atlético
    • 3ª A. Vila de Cangas
  • Infantil Homes
    • 1º Millaraio
    • 2º Ourense Atletismo
    • 3º ADAS-Proinor
  • Infantil Mulleres
    • 1ª Ourense Atletismo
    • 2ª ADAS-Proinor
    • 3ª A.Vila de Cangas

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario