Atletismo Nacho RegoAtletismo Destacado Es noticia 

Ourense Atletismo e ADAS afrontan este sábado Campionato Galego de clubs

XXI Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre

A disputa do XXI Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre  supón un dos primeiros acontecementos importantes do ano 20019. Con este evento arrinca o calendario de clubs de aire libre que terá como escenario as pistas ferrolás da Malata como xa o fixeran nas edicións do 2004, 2008, 2013, 2015 e 2017.

O formato competitivo (de atleta por proba)  fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocionantes do calendario oficial de probas, dando pé da mesma maneira, para que os clubs poñan a punto as fichaxes e reforzos da tempada de cara a esa inminente compitición de equipos que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.

Participación dos equipos ourensáns

A provincia ourensá estará representada por os clubes do Ourense Atletismo e ADAS Proinor. O equipo de Valdeorras competirá na categoría feminina -incorporando atletas do Riazor Coruña como equipo asociado- mentres que o equipo capitalino terá presenza tanto na categoría masculina como femenina.

Equipos favoritos

Este ano os dous Celtas, tanto na categoría feminina como na masculina, terán que defender o título acadado o ano pasado precisamente nas pistas viguesas de Balaidos. Para elo terán enfronte á formación feminina da División de Honra do RIA Ferrol-CCA quenes cas súas 12 victorias no histórico do torneo, posicionánse como serias candidatas ó título. A Sociedad Gimnástica, o ADAS-Proinor e as lucenses do LUCUS Caixa Rural Galega a priori, poderían estar na loita polos postos do podio.

Atletismo Nacho Rego

Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre o Celta e a Gimnástica, nunha competición na que se lle da mellor ós celestes con oito títulos polos catro da Gimnástica. Atención ó Clube Atletismo Santiago quen podería estar no caixón como xa fixera o ano pasado co permiso do Atletismo Narón quen tamén figura nas quinielas.

A compitición será a unha única xornada dando comezo ás 15.00 horas para rematar sobre as e 20.45 h.

Texto: FGA / Ourense Deportivo

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.