Atletismo Destacado Es noticia 

O Vinteún recibe o Correndo por Ourense na mañá do domingo

A recollida de chips e dorsais terá lugar este sábado no Pavillón dos Remedios entre as 10,00 e as 20,00 horas

VIII Circuito de Carreiras Populares “Correndo por Ourense”

Máis de 1.100 atletas participarán este domingo na primeira das probas de Correndo por Ourense, no barrio de O Vinteún

  • A saída das diferentes categorías se producirá entre as 12,00 e 12,30 horas dende a rúa Madre Soledad

Un total de 1.108 persoas participarán este domingo no primeiro dos circuítos de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que terá lugar a partires das 12,00 horas polas rúas do barrio do Vinteún. Así o confirman os datos da organización tras o peche, o pasado mércores, das inscricións para participar na primeira das probas que percorrerán seis barrios da cidade entre abril e outubro.

O maior número de participantes (598) están inscritos na categoría absoluta para as persoas nacidas no ano 2002 ou anteriores. A súa saída está prevista para as 12,30 horas e percorrerá unha distancia total de 6.000 metros.

Na categoría de Pitufos (nenos e nenas nacidos dende 2011), están apuntados un total de 252 participantes, que comezarán a súa carreira ás 12.00 horas. A distancia que percorrerán é de 100 metros.

Nas categorías de Benxamín Sub10 e de Alevín Sub12 están inscritas un total de 176 persoas que realizarán un traxecto de 1.500 metros e que terán a saída ás 12,05 horas.

En Infantil Sub14 e Cadete Sub16 están apuntados 75 atletas, que percorrerán 2.400 metros a partires das 12,15 horas. Na categoría Xuvenil Sub18 están apuntadas sete persoas que percorrerán 6.000 metros dende as 12,30 horas.

A saída estará situada na rúa Madre Soledad. O circuíto completo percorrerá a rúa Madre Soledad, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, Río Corzos e remata no punto de saída na rúa Madre Soledad.

O prazo para apuntarse a esta proba pechouse o pasado mércores e da dereito a participar no resto de carreiras. A partires de luns volve abrirse o prazo para os que queiran sumarse ó resto de probas. Todos os mércores anteriores a cada proba cerrase o prazo ate despois da carreira por motivos organizativos.

A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase este sábado, 21 de abril, no Pavillón dos Remedios  entre as 10,00 e as 20,00 horas. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que se participar dende 90 minutos ate 30 minutos antes de que comece a primeira proba.

Inscrición

A inscrición para a primeira carreira xa está pechada. As persoas interesadas en realizar a súa inscrición para as vindeiras carreiras deberán agardar ao lúns e facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com, a un prezo de 7 euros para as categorías junior, promesa, sénior e máster, sendo gratuíta para as demais categorías.

Noticias relacionadas