IV Trail Ribeira SacraAtletismo Destacado Es noticia 

O IV Trail Ribeira Sacra reunirá a 500 deportistas o vindeiro 13 de outubro

IV Trail Ribeira Sacra

Un total de 500 deportistas de 13 comunidades autónomas e de Portugal participarán o vindeiro 13 de outubro no IV Trail Ribeira Sacra, co que colabora a Deputación de Ourense, unha proba cronometrada e competitiva das máis atractivas do calendario deste deporte, que se disputa no corazón da Ribeira Sacra, no Concello de Nogueira de Ramuín, “unindo patrimonio histórico, natureza e deporte nunha excelente maridaxe”, explicou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, na presentación do evento, que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial. Neste sentido, o alcalde de Nogueira salientou “a importancia da colaboración público-privada, que contribúe ao éxito desta proba” e agradeceu o traballo que desenvolven os voluntarios “cooperando para que o evento siga crecendo ano a ano en calidade e excelencia”.

IV Trail Ribeira Sacra
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do “IV Trail Ribeira Sacra”, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Nogueira de Ramuín; José César Parente; e o presidente do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, Diego Novelle, Pepe Alfaro (La Región), Raúl Soto (Concelleiro Nogueira de Ramuín), María Fernández (Organización), Manuel Domínguez (Organización), Daniel Marnotes (Organización), Javier Nogueria (Organización) e Sampayo (Organización)..

Por parte de La Región, o seu director de Publicidade, José Alfaro, felicitou á Deputación de Ourense, ao Concello de Nogueira e ao grupo Cuevas “por unir esforzos ao redor do deporte e de iniciativas que fan provincia” e afirmou que La Región, “a través do suplemento +Deporte, “seguirá apoiando e estando ao carón para difundir este evento”.

Pola súa banda, o presidente do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, Diego Novelle, explicou os detalles da proba, que consta de dous percorridos, de 24 e 47 quilómetros, polos montes do concello e pola contorna da Ribeira Sacra, “ofrecendo unhas fermosas paisaxes que supoñen para os participantes unha experiencia única”.

A proba comeza ás 8.00 horas (a de 47 quilómetros) e ás 10.00 horas (a de 24 quilómetros) e ao seu remate, a partires das 14.00 horas, terá lugar a entrega de premios e unha degustación de produtos típicos. Previamente, o sábado 12 de outubro, celebrarase no mosteiro de Santo Estevo unha xornada na que terá lugar unha charla-coloquio sobre “Pasado, presente e futuro do trail” e, de seguido, a charla técnica da proba.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.