Atletismo Destacado Es noticia 

O cambio na Secretaría Xeral para o Deporte paraliza a normativa de uso da Pista Cuberta de Expourense

Normativa de uso da Pista Cuberta de Expourense

A Secretaría Xeral para o Deporte xa tiña publicada unha normativa de uso que coa chegada de Lete Lasa vai a ser revisada e, polo de agora, non será efectiva.

Noticia: Federación Galega de Atletismo

Continúase a traballar nunha normativa que regule os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, vaise demorar a normativa de uso da instalación, establecéndose o seguinte protocolo de xeito transitorio:

Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00),  terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.

As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite o xoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.

Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres, estando á espera da xuntanza a manter con Xunta e Expourense para abordar estas e demáis cuestións organizativas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.