Atletismo Destacado Es noticia 

O barrio da Ponte acollerá este domingo a penúltima proba do Correndo por Ourense

Correndo por Ourense 2019

O barrio da Ponte acollerá este domingo a quinta e penúltima proba do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense 2019. Ás 11,30 horas tomarán a saída na rúa Francisca Herrera, xunto ao Instituto 12 de outubro os corredores e as corredoras participantes nas categorías Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster, que percorrerán unha distancia de 5,7 km, que pasará pola Avenida de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón, Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro e Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta). Previamente, desde as 11h terán lugar as carreiras nas categorías de Pitufos, ás 11,05h Benxamín e Alevín, e ás 11,15h, Infantil e Cadete

Correndo por ourense ponte 2017_IMG_9209
A Ponte 2017 (Foto: David Martínez)

As persoas interesadas poden inscribirse até mañá, mércores, 25 de setembro, a través das páxinas web do Consello Municipal de Deportes e Championchip Norte. A inscrición dá dereito tamén a participar na que será a última proba do Correndo 2019, o 20 de outubro, no barrio da Carballeira. O custe é 7 euros (só pagan persoas adultas) e unha parte da inscrición irá destinada a axudar a unha entidade social.

O circuíto de carreiras populares está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.