Atletismo Destacado Es noticia 

O alcalde de Pereiro de Aguiar recibe a Escola Ben Cho Shei e comprométese a organizar unha proba atlética no concello

Recepción da Escola Atlética na casa do Concello de Pereiro De Aguiar

O pasado sábado día 24 de novembro o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e a súa Corporación recibiron no salón de plenos do Concello a unha ampla representación da Escola Atlética Ben Cho Shey para transmitirlle o seu apoio total e recoñecer tamén o importante labor ao longo das casi tres décadas (28 anos neste momento) levan facendo en prol do deporte no concello.

Así mesmo agradeceu a presenza aos asistentes, país, nais, atletas, xunta directiva aceptando a petición do Presidente do Club, a organización dun Trofeo de pista ao aire libre para as categorías menores de xeito anual, que leve nome do Concello de Pereiro de Aguiar.

Torneo Abanca e Cross Ponte Romana

Esa misma tarde unha ampla representación de atletas da Escola trasladábanse a Expourense para participar na 2ª Xornada da Liga Abanca, con resultados salientable, moitos deles mesmo mellorando as súas mellores marcas persoais.

E xa na xornada do domingo, en Lugo, Naroa Pereira Tesouro acadaba unha excelente segunda praza no IV Cross Ponte Romana.

Noticias relacionadas