Naroa PereiraAtletismo Destacado Es noticia 

Naroa Pereira e David Araújo dobre bronce para o BenChoShey no Galego Sub10/Sub12

Campionato Galego Sub 10/Sub 12 (Lugo 01/06/2019)

A representación da Escola Atlética Pereiro de Aguiar – Ben Cho Shey no Campionato Galego Sub10/Sub12 estivo en mans de tres atletas, dous deles subiron ao podium a idéntico caixón para colgarse a medalla de bronce.

Naroa Pereira

Naroa Pereira Tesouro en 1000 m, logrando a súa mellor marca persoal con 3:25.75, pechaba coa medalla de bronce a súa magnífica tempada tanto en pista cuberta, campo a través como agora ao aire libre. En tódalas competicións estivo representando á Escola Ben Cho Shey no podium.

Tamén o seu compañeiro David Araújo González obtivo medalla de bronce, en lanzamento de peso 2 kg, e tamén con marca persoal (8,42). Resultado meritorio polo seu esforzo ao longo de todo ano.

Por último a benxamina do grupo Ainoha Rodríguez Anegas participou nos 1000 m. da súa categoría, logrando rematar a mesma a pesar do seu brazo escaiolado.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.