Carrera soy libre para correr peqAtletismo Es noticia 

Nace ‘Soy libre para correr’ la carrera por la igualdad que se celebrará el 10 de marzo en Ourense

Nace ‘Soy libre para correr’ la carrera por la igualdad que se celebrará el 10 de marzo en Ourense

As rúas da cidade acollerán, o vindeiro 10 de marzo, a carreira popular ‘Soy libre para correr”, un evento para fomentar o deporte inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero no deporte, e sobre todo para reivindicar confianza e seguridade no uso dos espazos públicos. A carreira, con saída -ás 11:00 horas- e chegada á Praza Maior, está organizada polo club BOX001 – RunManiak co apoio do Concello de Ourense, Nissan Roferourense e Caixabank.

“Somos libres para correr e debemos reivindicar precisamente a nosa liberdade, o noso dereito a correr, como a nosa liberdade para vivir en plenitude, e exercer os nosos dereitos, a vivir en equidade, sen ningún tipo de discriminación por motivos de xénero ou condición”, aseguraba Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, na presentación da proba. “Saír a correr, ben por afección ao deporte ou ben como unha oportunidade de expresar o compromiso de cantas persoas viven nunha cidade que cre na igualdade e que quere seguir avanzando na corrección das desigualdades”, dixo.

Carrera soy libre para correr

O nome da carreira recolle o nome acuñado polo grupo de corredoras do club BOX001 – RunManiak no acto público de repulsa polo asasinato de Laura Luelmo, e que congregou de xeito espontáneo a centos de corredoras e corredores da cidade reclamando non ter medo á hora de facer deporte. É, polo tanto, unha convocatoria aberta para todas as persoas ás que lles apaixona correr e facer deporte nos nosos espazos naturais.

O percorrido, que “convida á participación”, en palabras do rexedor, percorrerá o centro da cidade polas seguintes rúas: Avda. Pontevedra, Desengano, Praza de Abastos, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pardo de Cela, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pura e Dora, Carriarico, Burgas, Bailén Colón, 2 de maio, Xullo Prieto Nespereira, Praza de San Cosme, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, Fornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Bedoya, Paseo, Lamas Carvajal e chegada á Praza Maior onde estará tamén a zona de avituallamentos.

As inscricións están dispoñibles Championchip.

Na rolda de prensa estiveron presentes, ademais do alcalde de Ourense, a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, o de Deportes, Mario Guede, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, responsables do club organizador Box001 – Runmaniak, Lalo Arce Amor e José Manuel Regueiro Bolaño, e os representantes de Caixabank, Pablo Casas, e Nissan Roferourense, Alberto Barreiros.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.