San Martiño 02 2017 Foto Nacho RegoAtletismo Destacado Es noticia 

Más de 10.000 inscritos en la San Martiño a dos días de cerrarse el plazo para participar

XLII Carreira pedestre popular do San Martiño, que xa supera os 10.000 inscritos

  • O prazo de inscrición para participar na XLII San Martiño está aberto até o 11 de novembro a través da páxina web do Concello Municipal de Deportes e a plataforma championchipnorte.com

  • A proba, que terá lugar o 18 de novembro, a partires das 11:00 horas, chega cargada de novidades como un novo punto de avituallamento e a proxección da carreira nunha pantalla xigante nos Remedios.

 

A XLII Carreira Pedestre Popular San Martiño Caixabank vén de superar a cifra máxica dos 10.000 inscritos, pero aínda mantén aberto o seu prazo de inscrición até o domingo 11 de novembro a través da páxina web do Concello Municipal de Deportes e a plataforma championchipnorte.com. A recollida de chips e dorsais será o venres, 16 de novembro, e o sábado 17 de novembro en Expourense, coincidindo coa celebración de Sportur (o Salón do Deporte e Turismo Activo).

A carreira terá lugar o 18 de novembro e contará con catro categorías:

  • A proba absoluta, para nados até o ano 2001, que terá un percorrido de 10 quilómetros. A saída será ás 11:00 horas.
  • A proba escolar, para persoas nadas entre os anos 2002 e 2007, terá un percorrido de 4,7 quilómetros e a saída producirase ás 12:30 horas.
  • A proba de cativos será as 13:20 para nados nos anos 2008 a 2011
  • E as 13:30 turno para os nados desde o 2012 até a actualidade e persoas con diversidade funcional. Terá un percorrido de 1,4 quilómetros.

A edición de 2018 chega con varias novidades. Ademais da carreira inclusiva, o avituallamento será na rúa Pardo de Cela; varias motos seguirán aos corredores e haberá unha retransmisión en directo, vía streaming, nunha pantalla xigante en Os Remedios. Tamén será unha novidade que o reparto de camisetas entre os escolares farase a través dos seus centros de ensino.

Cartel San Martino 2018

Máis info: www.deportesourense.com

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.