María Ferreiro logra en Esgos o título de campioa galega de Montaña

Na categoría masculina José Manuel Casado, Via XVIII Maceda, acadaba o subcampionato
XI Campionato de Galicia de Montaña e Subida Rocas-O Eirado
Como ben acontecendo nas últimas edicións, o Concello de Esgos sería o escenario escollido para a disputa do XI Campionato de Galicia de Montaña e Subida Rocas-O Eirado que se desenvolvería na mañá do domingo baixo un intenso calor que faría aínda máis exixente este percorrido de 13 km.
A mellor actuación para o atletismo ourensán foi o título en categoría feminina acadado por María Ferreiro logo de inverter un rexistro de 1.17.02. A atleta do Burgas Atletismo aventaxou á viguesa Soledad Castro, Campioa do Mundo de Montaña veterana, en máis de medio minuto. O bronce foi para outra ourensá, a atleta do Esprintes Ourense Olalla Conde.

Na categoría masculina salientar o segundo posto de José Manuel Casado, do VIA XVIII Maceda, que lle otorgaría a medalla de prata. O triunfo foi para o atleta da Gimnástica de Pontevedra Manuel Hurtado, intratable nas pistas do O Eirado quen, con un rexistro de 57.35, sumaría un novo título de campión galego.
Información (editada): atletismogalego.com
Fotos (Facebook): Subida Rocas – O Eirado e andaina popular do Concello de Esgos