A homologación da Pista Cuberta de Expourense derradeiro paso antes da inauguración
O acto de inauguración oficial está programado para o vindeiro 16 de decembro
Homologación Pista Cuberta de Expourense
Un total de dous homologadores da RFEA, Miguel Angel Coronado e Yolanda Pavón, e un amplo equipo de xuíces estiveron a traballar o pasado día 6 de decembro para perfilar o que será a homologación da flamante pista cuberta de Ourense cuxa inauguración está prevista para o vindeiro día 16 de decembro.
Segundo o equipo de homologación “O traballo foi moi laborioso xa que tivemos que poñer preto de 3000 puntas a través das cales medir as distintas distancia e puntos da instalación para elaborar un documento que faculte á pista para a celebración de probas atléticas” segundo a mesma fonte ”O informe está sendo redactado, agardándose que en breve chegue a RFEA para que certifique o mesmo».
Texto e fotos: Federación Galega de Atletismo