Atletismo Destacado Es noticia 

A final da Liga Abanca contará con presenza maioritaira do Ourense Atletismo e ADAS

A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.

Fase Final da Liga ABANCA – Expourense, 19 de decembro

Completadas as tres fases de clasificación desenvoltas en Santiago, Pontevedra e O Barco de Valdeorras -nesta última coa a ausencia dos equipos de Lugo tras renunciar a súa participación como protesta ante a Federación- para a disputa da Fase Final da Liga ABANCA de menores, a Federación Galega ven de facer público o listado definitivo dos 48 equipos que tomarán parte nesta competición de categorías de promoción.

Lembramos que dos tres encontros disputados, clasificaríanse os primeiros equipos de cada categoría de maneira directa, existindo unha clasificación por mellores puntuacións dos cinco equipos restantes en base ás súas marcas.

A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.

Relación definitiva logo de ter rematado o prazo de reclamacións (en roxo, os cambios. * os equipos gañadores clasificados directamente))

  • Benxamín Feminino: At. Narón*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ A.V.Atletismo/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ Riazor Coruña
  • Benxamín Masculino: Fontes do SAR*/ S.G.Pontevedra*/ ADAS-Proinor*/ Ourense At/ At. Sada/ A. A Silva/ A.Vila de Cangas/ Riazor Coruña
  • Alevín Feminino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ S.G.Pontevedra/ A.F.Celta/ At.Sada/ Marineda A./ A.V.Atletismo
  • Alevín masculino: C.C.Comarca*/ S.G.Pontevedra*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ R.C.Celta/Cia. de María/C.A.Millaraio/ Marineda At.
  • Infantil Feminino: Ría Ferrol-CCA*/A.V.Atletismo*/ Ourense At.*/A.V.Cangas/ At.Sada /ADAS-Proinor/ Fontes do Sar/ C.A.A Estrada
  • Infantil Masculino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ ADAS-Proinor/A.A Silva/ Riazor Coruña.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario