Pista Cubierta ExpourenseAtletismo Destacado Es noticia 

Expourense acolle a segunda competición atlética coa Copa de Clubs Master

Trala inauguración oficial o pasado fin semán, volve a competición a Pista Cuberta de Expourense

I Copa de Clubs Master Indoor

Esta fin de semana a Pista Cuberta Expourense acolle a I Copa de Clubs Master Indoor que terá lugar nunha única xornada o sábado día 23 a partir das 16.30 horas.

A Federación Galega de Atletismo estableceu un máximo de seis equipos masculinos e seis femininos para disputar esta fase final, que foron seleccionados en base os mellores resultados dos seus atletas na pasada campaña e no que levamos da actual.

Entre os participantes haberá representación ourensana por medio do Ourense Atletismo na categoría masculina e o ADAS Proinor na femenina, ambos con aspiracións a ocupar un lugar do podio.

A relación de equipos que tomarán parte na I Copa Master de Pista Cuberta é a seguinte:

  • Categoría Masculina: ADAS-Proinor, Atlética A Silva, C.A.Sada, C.A.Santiago, Marineda Atlético e Ourense Atletismo.
  • Categoría Feminina: ADAS-Proinor, Atletismo Samertolomeu, C.A.Millaraio, Atlética A Silva, C.A.Sada e C.A.Santiago.

Con este formato de compitición, á I Copa de Galicia Master súmase a XII Copa de Galicia de Clubs que se desenvolverá o vindeiro dia 7 de xaneiro tamén en Expourense.

Pista Cubierta Expourense

Noticias relacionadas