Atletismo Destacado Es noticia 

A élite do atletismo galego darase cita esta fin de semán en Expourense

José Alfonso Palomanes (triplo salto) e Leticia Gil (lonxitude) liderarán a presenza ourensá neste campionato

Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta e Campionato Galego Máster

A pista cuberta de Ourense acollerá, esta fin de semana, os campionatos galegos absoluto e máster de atletismo, o sábado 13 e o domingo 14 respectivamente. As probas foron presentadas esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense, e traerán á nosa cidade preto de 700 deportistas durante os dous días.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu a implicación da Secretaría Xeral para o Deporte, representada por Marta Míguez, da Federación Galega de Atletismo, con Isidoro Hornillos á cabeza, e de Expourense, así coma do resto de entidades, públicas e privadas, e recoñeceu “unha inercia que agardamos continúe e nos consolide como cidade referente na organización destas probas e como cidade saudable e amiga do deporte”, dixo.

O sábado 13 celebrarase o XXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta, que comezará ás 11:00 horas coas primeiras eliminatorias de 60 metros libres en categoría feminina e masculina, respectivamente. Ao mesmo tempo, iranse celebrando as finais de triplo salto, pértega (masc.) e altura (fem.). Desde as 12:10 horas disputaranse tamén as finais de 1.500 metros.

Pola tarde será a quenda das finais de peso, altura e pértega (f), lonxitude (f), peso (m-f) e altura (m), así coma as probas de velocidade: 60 metros/v, 200m, 400m, 800m e 3.000m. Á proba asistirán os atletas coas mellores marcas de Galicia, entre as que cómpre destacar a Adrián Ben (1500), Jean Marie Ojutu (lonxitude), Belén Toimil (peso) así como de dous referentes do no atletismo como José Palomanes (triplo salto) e Leticia Gil (lonxitude).

Solange Pereira non asistirá ao autonómico xa competirá como integrante da selección de Europa no Cross de Edimburgo.

Campionato Galego Máster

O domingo 14 celebrarase o Campionato Galego Máster para atletas veteranos, que competirán nas diferentes distancias de velocidade, resistencia, pértega, lonxitude, peso, altura e triplo salto.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario