Atletismo Destacado Es noticia 

El I Trail Nocturno Ourense Cidade Termal recorrerá 13 km por lugares emblemáticos de la ciudad

I Trail Ourense Cidade Termal

  • O Botánico de Montealegre, Mende, A Loña, As Burgas, a Catedral, o Auditorio ou a Ponte Vella son algúns dos puntos que percorrerá a carreira, que sairá ás 22h dos Remedios

Ourense acollerá este sábado, 21 de setembro, desde as 22,00 horas, o I Trail Nocturno Ourense Cidade Termal, unha carreira competitiva que combinará un trazado aproveitando as especiais condicións da cidade, con costas, desniveis, e escaleiras, co percorrido polos montes cercanos á cidade e un paso especial polo Botánico de Montealegre. Esta mañá na sala de xuntas do Pavillón dos Remedios tivo lugar a presentación da proba, na que xa están inscritos uns 200 deportistas, que reivindicarán ademais os desprazamentos a pé na Semana da Mobilidade. O acto contou coa participación dos organizadores, Asociación deportiva Club Box001 RunManiak Ourense e RunManiak e entidades colaboradoras, entre elas o Concello, representado polo tenente de alcalde, Jorge Pumar e o concelleiro de Deportes, Mario Guede

Trail Nocturno Ourense 2019

A carreira terá un percorrido de 13 km. que combinan trazado urbano con trazado de monte/trail, con saída nos aledaños do Pavillón dos Remedios e meta desde as 23,00h na Ponte Vella. A ruta ofrecerá a oportunidade de pasar por lugares tan atraíntes como o Botánico, Montealegre, Mende, A Loña, As Burgas, a Catedral, o Auditorio ou a Ponte Vella, de noite, e servirá para poñer en valor a riqueza dos montes que circundan a cidade, repletos de sendas e camiños para percorrer correndo, andando ou en bici. Ademais, ao pasar polo Botánico de Montealegre, permitirá aos participantes desfrutar dunha das mellores vistas nocturnas da cidade.

A proba está organizada pola Asociación deportiva Club Box 001, un grupo de amantes do deporte e da natureza, que practicamente todos os domingos do ano fan saídas coa súa escola de trail Run Maniak para correr polas fantásticas  contornas e paisaxes da nosa cidade e os montes que a rodean.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.