ros Galego 2018 Foto David MartinezAtletismo Destacado Es noticia 

Dobrete do ADAS no Gallego de Cross corto por clubes

Éxito histórico para a entidade valdeorresa que acapara os títulos autonómicos absolutos desta especialidade do campo a través

Campionatos de Galicia de campo a través

Crónica: FGA/Ourense Deportivo

Intensa e formidable xornada a vivida no Concello de A Rúa con motivo da disputa dos Campionatos de Galicia de campo a través que, baixo un día sensacioal, tiveron lugar no espectacular circuito de O Aguillón o pasado domingo.

O Campionato de Galicia de Campo a Través Curto por equipos arracaba coa disputa da proba feminina na que a tudense Leticia Fernández conduciría o ADAS-Proinor a acadar a victoria. Xunto ela completaban o formidable combinado valdeorrés Sandra Mosquera, Joana Fillipa Pereira, Paula Santos. Completaron o pódium os conxuntos do Comesaña S.C. e Gimnástica de Pontevedra.

Nos homes, e continuando cos equipos, novo trunfo do ADAS-Proinor quen conseguría deste xeito un dobrete histórico. Os de O Barco imporíanse por 6 puntos ós segundos clasificados, Clube Atletismo Santiago, sendo o Miller Runing Club o terceiro nese caixón de premiacións.  A proba, que sería gañada polo lucense Manuel Hurtado da Gimnástica, tería no vadeorrés Alejo Ares, Carlos Villamor,  Akka Essaadaoui e Marcos Casado os millores do equipo gañador.

ros Galego 2018 Foto David Martinez

Memorial Alejandro Lorenzo e Campionato Galego Sub16 e Sub18

A xornada iniciabase coa desputa de Menorial Alejandro Lorenzo (campionato galego das categorías Sub10, Sub12 e Sub14) e o Campionato Galego Sub16 e Sub18.

Nestas probas ademais dos títulos por equipo púñanse en xogo tamén os entorchados individuais.

O mais salientable da actuación dos atletas ourensáns foi a seguinte:

  • Sub16
    • Martin Rivera (Ourense Atletismo ) Subcampión galego
    • Ourense Atletismo Subcampión galego
  • Sub18
    • ADAS Proinor 3º posto
  • Sub14
    • Hector Rodriguez (Aurum) Subcampión galego
  • Sub10
    • Xoel Pungin 3º  posto
    • Adas Proinor Campión galego
  • Sub10
    • ADAS Proinor Subcampión galego

ros Galego 2018 Foto David Martinez

 

Noticias relacionadas