Atletismo Bádminton Ciclismo Destacado Es noticia Gimnasia Halterofilia Motor Natación 

A Deputación de Ourense reparte becas económicas a deportistas de 20 especialidades

Germán González con un grupo de sus atletas del Benchoshey

O adestrador de atletismo Germán González acadou o recoñecemento como técnico deportivo

Bolsas a deportistas da Deputacion Ourense

O recoñecemento a un técnico deportivo ourensán recaeu nesta edición no profesor de Educación Física na Universidade Laboral e máximo expoñente do Club Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar, Germán González.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, entregaron esta tarde no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, as axudas a 45 deportistas cualificados correspondentes ao exercicio 2016. 

A Deputación de Ourense con esta iniciativa pretende “premiar economicamente a estes deportistas ourensáns e recoñecer publicamente o esforzo e o traballo que realizan nestes deportes individuais en Ourense”, asegurou Rosendo Fernández. 

Ademais da entrega das bolsas, realizouse o xa tradicional recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán que nesta ocasión recaeu no profesor de Educación Física da Universidade Laboral e máximo expoñente do Club Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar, Germán González Sánchez. Con este recoñecemento, o goberno provincial quere “poñer en valor o labor que realizan os técnicos e a influencia co seu traballo exerce sobre a mellora na formación e rendemento dos deportistas ourensáns”, sinalou o vicepresidente do ente provincial. 

As axudas concedidas, correspondentes ao exercicio 2016, organízanse en catro grupos segundo a categoría do deportista, quedando distribuídas da seguinte maneira: no primeiro grupo atópanse cinco axudas de 1.400 euros cada unha; no segundo grupo tamén están cinco deportistas, cunha axuda de 820 euros para cada un deles; no terceiro grupo inclúense oito axudas de importe 590 euros cada unha; e por último, no cuarto grupo están 27 deportistas cunha axuda económica de 340 euros para cada un deles. En total, a Deputación de Ourense destina 25.000 euros en 45 bolsas para deportistas ourensáns procedentes de preto de 20 disciplinas deportivas diferentes.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: