Correndo por Ourense 2018 Foto David MartínezAtletismo Destacado Es noticia 

Correndo por Ourense regresa o domingo cunha carreira pola zona da Universidade e horario adiantado ás 11horas

Correndo por Ourense 2018 – Zona Universidade

Recorrido Universidade Correndo por Ourense

Correndo por Ourense, a proba deportiva organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense regresa este domingo tras o parón estival cun circuíto pola zona da Universidade e adiantando a súa saída ás 11,00 para que os corredores non teñan que sufrir as altas temperaturas do mediodía.

O cambio de horario produciuse en resposta ás suxestións aportadas polos atletas ante a posibilidade de que puideran producirse altas temperaturas e para evitar que estas poidan afectar aos participantes, especialmente á cativada e as persoas de maior idade.

Por este motivo, nesta ocasión a proba comezará unha hora antes do habitual, a partires das 11:00 horas coa carreira da categoría de Pitufos, para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 ((2005/2006) e Cadete Sub 18 ((2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros.

Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría Xuvenil Sub18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia de 6.400 metros. O resto de categorías (Júnior, Promesa, Sénior e Máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Tras a proba pola zona universitaria, as dúas últimas probas do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense serán no barrio de A Ponte, o 30 de setembro e na Carballeira, o 21 de outubro.

O VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración de Colexio Divino Maestro, Club Esprintes Ourense, Delegación Ourensá de Atletismo, Clube Deportivo Aurum, Clube Ourense Atletismo e Asociación de Veciños Carlasca, integrantes do comité técnico, e co patrocinio de Gadis, Turini, Pérez Rumbao e Coca Cola.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.