Atletismo Destacado Es noticia 

O “Correndo por Ourense” encheu as rúas do Barrio da Ponte

Na mañá do domingo disputábase na Ponte unha nova edición da súa carreira popular que voltaba a ter horario matinal trala edición nocturna do pasado ano.

(Accede á Galería fotográfica da Carreira da Ponte 2017)

Carreira do Barrio da Ponte – Circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense 2017

A quinta proba do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense chegou un ano mais para encher as rúas do barrio da Ponte de corredoras e corredores con ganas de pisar un asfalto habitualmente reservado para o tráfico rodado.

O cerca de medio millar de deportistas que se presentou na liña de saída tívose que enfrontar a un percorrido de 1.800 metros que tiñan que completar tres veces.

Na categoría masculina Rubén Diz (SGP) non deixou marxe para a sorpresa e, aínda coa obriga de participar na derradeira proba do circuíto, proclamarase con seguridade vencedor do circuíto. José Manuel Márquez (ADAS) finalizaba segundo clasificado por diante de José Manuel Corral (At. Arenteiro) o que lle valía para superalo na xeral, sendo segundo e terceiro respectivamente.

En mulleres Ana Ocampo (Burgas Ourense) non desaproveitou a ausencia da ata agora líder do circuíto, Iria Fernández, e sumou unha vitoria que deixa todo por decidir para a xornada final no barrio de A Carballeira. O Burgas Ourense completaba o triplete nos postos de podio con Vicky Losada na segunda praza, asegurando a terceira praza absoluta, e Ana María Soutullo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario