Campeonato Master AtletismoAtletismo Destacado Es noticia 

Concello e Federación analizan o impacto do Campionato de España Máster de atletismo que acollerá Expourense en marzo

O Concello e a Federación Galega de Atletismo analizan a celebración do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, unha proba que contará coa participación de entre 1.500 e 1.800 atletas

  • O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez salienta que esta proba será un “evento pioneiro na nosa cidade, que terá un enorme impacto a nivel turístico e de ocupación, que nos permitirá dar a coñecer entre miles de persoas a nosa amplísima oferta deportiva, cultural, patrimonial e termal”
  • Baseándose en datos de anteriores citas a Federación Española de Atletismo estima que Ourense podería acoller a entre 3.000 e 4.000 persoas ao longo dos tres días de competición
  • A cita deportiva terá lugar nas instalacións da pista cuberta de Expourense entre os días 8, 9 e 10 de marzo
  • Durante a reunión constatouse que a cita deportiva será unha oportunidade para achegar á cidadanía a unhas instalacións situadas entre as mellores pistas cubertas que hai na actualidade.
Campeonato Master Atletismo
De izquierda a derecha: Mario González, Eladio Gómez, Jesús Vázquez, Isidoro Hornillos y Angel Fidalgo

O  Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo mantiveron unha primeira toma de contacto con motivo do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de marzo na pista de Expourense, e no que prevé a participación de entre 1.500 e 1.800 persoas.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, mantiveron un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o vicepresidente primeiro desta entidade, Eladio Gómez e Ángel Fidalgo, delegado na nosa provincia da Federación, para analizar diversos aspectos relacionados con esta proba.

Durante a reunión confirmouse que o XXV Campeonato de España Máster de Pista Cuberta vai supoñer a confirmación do éxito das instalacións da pista cuberta como unha das mellores instalacións da súa categoría a nivel mundial.

Pero tamén se destacou a importancia da proba para a nosa cidade, xa que segundo os datos da Federación Española de Atletismo, e baseándose nos datos de citas anteriores, poderían desprazarse até a nosa cidade entre 3.000 e 4.000 persoas, ao longo dos tres días de competición.

Desta cifra, unhas 1.800 persoas serán atletas de máis de 35 anos chegados de toda España, mentres que a participación galega suporía un 10% do total de deportistas.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou que esta proba será un “evento pioneiro na nosa cidade, que terá un enorme impacto a nivel turístico e de ocupación, que nos permitirá dar a coñecer a nosa cidade e a súa amplísima oferta deportiva, cultural, patrimonial e termal entre miles de persoas”.

Desde a Federación Galega de Atletismo confirmouse que a experiencia da Federación Española avala que esta convocatoria supón todo un revulsivo económico nos lugares nos que se ten realizado esta proba, xa que os deportistas aproveitan a súa participación para coñecer a contorna.

Ademáis, destaca que o Campeonato de España Máster suporá un importante paso adiante para estas instalacións, que dende a súa posta en marcha en decembro de 2017 tiveron unha progresión espectacular Así, no pasado ano a pista cuberta de Expourense acolleu o Campeonato de España Sub 20, e para o vindeiro ano será a sede do Campeonato de España Absoluto, unha cita que traerá a nosa cidade os nomes máis importantes do atletismo nacional.

Durante a reunión tamén se constatou que a cita deportiva do vindeiro mes de marzo é unha oportunidade para achegar á cidadanía a unhas instalacións situadas entre as mellores pistas cubertas que hai na actualidade.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.