Atletismo 

Carrera de obstáculos Miño Radikal: Inscripción abierta

A proba disputarase a pé polas beiras do río Miño, un enclave de extraordinaria beleza paisaxística.

I MIÑO RADIKAL – 22 de febrero de 2015 – [Reglamento completo de la carrera]

 

Trátase dun percorrido circular entre a Ponte Vella e a Pasarela de Oira no que haberá varios obstáculos (neumáticos, telas de araña de cordas, tubos, paredes…) que obrigatoriamente hai que superar.

O circuíto mide 7 km aprox. (2 voltas de 3,5km) que hai que completar nun tempo máximo de 2 horas.

Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis onde haberá persoal especializado velando pola seguridade dos participantes. É obrigatorio seguir as súas indicacións. O avituallamento estará situado no km 3,5 e na meta.

Mino-radikal-ourense-2015-cartel

Haberá 2 modalidades de clasificación:

Clasificación Equipos Mixtos: grupos de 4 integrantes nos que haxa representación de ambos sexos. Sumaranse os tempos netos dos 4 integrantes e gañará o que menos tempo total sume. Trofeos ó 1º, 2º e 3º

Clasificación Xeral Individual por tempo neto: masculina e feminina.

  • 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo
  • 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 150€ en material deportivo
  • 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.

[Reglamento completo de la carrera]

[Noticia de presentación Miño Radikal]

 

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: