chandrexa trail 2018Atletismo Es noticia 

Carreira de montaña e andaina na “Chandrexa Trail” 2018

“Chandrexa Trail” – 24.xuño.2018

A oitava edición de “Chandrexa Trail”, que terá lugar o día 24 de xuño, ofrece aos participantes tres posibles carreiras e unha andaina, con diferentes graos de dificultade.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que volve a apoiar á Asociación Galega de Fibrose Quística, polo que cada participante ou persoa interesada poderá facer unha doazón a esta entidade, en favor dos doentes que padecen esta enfermidade.

A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; e o presidente do Club Running Sport, Diego Martínez.

Rosendo Fernández destacou o apoio da Deputación de Ourense con “este tipo de iniciativas que aglutinan deporte, natureza, saúde e turismo, e que son unha gran oportunidade para dar a coñecer o noso territorio”. “Trátase dun evento consolidado no calendario deportivo da nosa provincia e de referencia nas probas de Trail de Galicia”, engadiu o vicepresidente do goberno provincial.

A Chandrexa Trail é a cuarta proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña do 2018 e consta dun percorrido de 34 quilómetros no que poderán participar ata 350 persoas. A saída será ás 8.30 horas diante da Casa Consistorial na localidade de Celeiros.

Outra das probas que se vai a desenvolver neste evento será unha andaina e un cross, ambas cun percorrido de 18 quilómetros. Os participantes da carreira sairán ás 10.05 horas e os da andaina ás 9.05 horas, diante da Casa Consistorial de Chandrexa de Queixa. O número máximo de participantes será de 250 persoas en cada proba.

Por último, celebrarase unha carreira de 7.3 quilómetros, puntuable para a Copa Galega Cadete, e que estará dispoñible para todo aquel que queira iniciarse no mundo do trail. A saída desta proba será ás 10.30 horas.

cartel chandrexa trail 2018

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 22 de xuño a través da páxina web www.championchipnorte.com ou presencialmente en Agromacen en A Pobra de Trives ou na tenda de deportes Runmaniak, explicou Diego Martínez.

O alcalde de Chandrexa de Queixa dixo que este evento deportivo é “unha carreira de montaña que discorre por unha das zonas máis bonitas do Macizo Central de Ourense”, e agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, “que nos permite desenvolver este tipo de iniciativas”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.