Expourense Gallego AbsolutoAtletismo Destacado Es noticia 

Beatriz Viteri y Alejo Ares oros ourensanos en el autonómico de atletismo en Expourense

Campeonato Gallego Absoluto en pista cubierta – Expourense 2019

Convertido en sede permanente de las principales competiciones autonómicas de atletismo en pista cubierta desde su apertura, Expourense acogió el pasado domingo el XXXIV Campeonato Gallego Absoluto de atletismo que reunía a muchos de los mejores especialistas gallegos.

La representación ourensana saldó su participación con dos únicas medallas, ambas de oro, gracias a la actuación de Beatriz Viteri y Alejo Ares.

Beatriz Viteri es una apuesta segura en cualquier competición que se dispute en Galicia. La pertiguista del Celta, que entrena en Vigo bajo la tutela de David Gómez, sumaba en Ourense un nuevo título gallego para continuar aumentando su palmarés en una especialidad en la que lleva intratable desde hace muchos años. En esta ocasión la ourensana superó un listón a 3,61, su mejor marca del año, superando en casi 80cm a su inmediata seguidora.


El segundo título lo conseguía el atleta del ADAS Proinor Alejo Ares. El fondista valdeorrés se atrevía, con éxito, a retar a los especialistas en 1500. Y lo hacía con una fantástica carrera tras superar en una espectacular última vuelta al céltico Basconcelo y firmar un crono de 3:57.30, que supone su mejor marca personal. Destacar que una semana antes Ares firmaba una gran actuación en los 10km de Valencia donde mejoraba su mejor marca en la distancia con un crono de 30:00.

A las puertas de podio quedarían Said  Bechiki (Ourense Atletismo) en 1500, Alejandro Fernández (Ourense Atletismo) en 3000 y Emma Valencia (Celta) en los 60 vallas.

Expourense Gallego Absoluto


Nota de prensa da Federación Galega de Atletismo

Remataría no día de hoxe a edición número trixésimo cuarta correspondente ó Campionato de Galicia de Pista Cuberta na que os bos rexistros e a emoción estarían presentes ó longo das dúas xornadas desta importante cita autonómica que pecharía con catro novos récords autonómicos

Por sectores e comezando ca velocidade, Javi García imporíase nunha emocionantísima final dos 60 m.l. a Javi Cancela por tan só unha milésima, marcando o atleta do Lugo RC Ramos Loures 7.00 polos 7.01 do santiagués. Na categoría feminina “explosión” da santiaguesa do Fontes do Sar Sub18 Nerea Iglesias quen tomaba parte tanto nos 60 m. como nos 200 m. Nestas distancias non só imporía o seu dominio, que fan dela a líder da velocidade curta galega, si non que ademáis as marcas acreditadas de 7.79 e de 26.17 supoñen dous novos récords galegos Sub18 que a convirten na clara protagonista destos campionatos baixo teito.

O coruñés do Playas de Castellón, Mauro Triana competindo pola rúa exterior, establecería un formidable rexistro de 21.48 sobre os 200 m. que o deixarían as portas do récord galego que él mesmo ten de 21.45, e que o convirten no líder claro do ranking nacional da proba así como un dos serios aspirantes ó título nacional absoluto do vindeiro día 16 e 17 de febreiro en Antequera.

De novo Paula Iglesias do Riazor Coruña protagonizaría unha das sorpresas do campionato ó establecer na proba dos 400 m. un novo récord galego Sub23 cun rexistro de 55.11 que melloran en 24 centésimas o récord que ela mesma tiña dende o ano pasado, e que confirman á atleta coruñesa como unha das grandes especialistas nacionais da especialidade ó situala de segunda no ranking nacional da súa categoría.

Nos homes Sergio Teixeira do Coruña Comarca lograría o título autonómico con 49.22 sendo segundo David Abalde que tamén baixaría da barreira dos “cincuenta” con 49.65

Os valados tiveron acento lucense como ben sendo habitual nos últimos tempos.  Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural proclamaríase campión galego con 8.24 MMT mellorando os 8.34 que tiña dende fináis de decembro, correspondendo o título feminino para Uxía Pereira da Atlética Lucense que baixaría dos nove segundos con 8.92

Continuando co medio fondo, a mundialista Solange Pereira que viña de competir o día anterior en Valencia acadando a mínina europea para Glasgow na proba dos 1.500 con 4:10.39, non quixo perder a cita autonómica tomando a saída sobre os 800 m.l. que remataría cun rexistro de 2:06.95, ocupando o segundo lugar a tamén internacional Sub20 Lucía Sicre do Ria Ferrol quen cun excelente crono de 2:15.07 sitúase nos primeiros lugares do ranking nacional na súa categoría. En homes, salientable a actuación do Sub20 Elian Numa López do Coruña Comarca, quen entraría en meta cun importante  rexistro de 1:53.25 que de igual modo,  colócano nos postos altos do ranking nacional da súa categoría

Na proba de fondo dos 3.000 m.l. púdose presenciar a veteranía e calidade de Manuel Hurtado sumando un título máis no seu palmarés con 8:21.39. Nesta mesma distancia o atleta Sub18 El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio A Estrada deixaría unhas excelentes sensacións acadando o terceiro lugar no absoluto e establecer un rexistro de 8:29.24 que o colocan de maneira moi destacada ó fronte do ranking nacional da súa categoría.

Uxía Pérez Bugarín protagonizaría unha interesantísima e emocionante carreira nos 3.000 m. que lle darían a medalla de ouro con 10:03.26 por diante de Laura Santos do Lucus de a tamén lucense Sub14 Xela Martínez quen establecería un formidable rexistro de 10:14.10

Xa nos concursos e comezando cos saltos, a pértega masculina tería un claro dominador en Miguel Cajaraville do R.C. Celta impoñéndose con 4.61 m. a un Santi Ferrer que chegaría ata os 4.51 m. sendo en mulleres Bea Viteri quen cumpliría os pronóticos ó rebasar o listón a 3.61 m. Na altura os protagonistas serían os atletas de combinadas Lucía Seijas do Lucus e o internacional do Celta Adolfo Sáinz Maza os domiñadores  logo de impoñerse con 1.62 m. e 1.91 m. respectivamente.

Un dos principais focos de atención estaría no corredor de lonxitude onde tomaría parte o olímpico Jean Marie Okutu quen chegaría ata os 7.59 m. mellorando a súa MMT de 7.34 m. o que lle permite liderar o ranking nacional absoluto. Neste mesmo concurso, pero na categoría feminina, a Sub20 internacional do A.F. Celta  Olaia Guisela Becerril, marcharía ata os 5.80 m. do seu quinto salto, mellorando en 40 cm. a súa MMT e escalando postos ata o terceiro lugar do ranking nacional da súa categoría.

O concurso de tripla tería de novo a Sub16 Alba Cuns do Atletismo Negreira, a súa principal protagonista xa que ademáis de acadar o título galego absoluto con 11.72 m. lograría un novo récord galego da súa categoría ó mellorar os 11.69 m. que ela mesma tiña dende o pasado 12 de xaneiro e que confirman a esta talentosa saltadora, como unha das “revelacións” da tempada. Nos homes, Anxo Blanco da Gimnástica tería que agardar ata o seu último salto para mellorar por seis centímetros os 14.69 m. do segundo intento de Alberto Elena do Celta, quen non completaría por problemas físicos o seu concurso de tripla.

Para rematar, o lanzamento de peso daría un novo título a Victor Gallego da Gimnástica, que segue a incrementar a súa lenda que o confirman como o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Desta vez gañaría con 16.31 m. do seu último lanzamanto. Xa en mulleres, victoria para Raquel Villa do A.F. Celta quen acreditaría 11.32 m. polos 11.22 m. da xavalinista internacional da Gimnástica Andrea González.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: