Atletismo Destacado Es noticia 

O Barrio da Ponte próxima cita do circuito “Correndo por Ourense”

Rubén Díz podería deixar sentenciado o circuíto en categoría masculina mentras que Ana Ocampo tentará de retrasar o triunfo de Iria Fernández no feminino.

Carreira do Barrio da Ponte – Circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense 2017

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense ten unha nova cita este domingo, 24 de setembro, coa disputa da carreira do Barrio da Ponte. A proba correrase este ano co lema “Oportunidades Galicia, Corre pola Reciclaxe” e forma pàrte da campaña “Oportunidades Galicia-Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”, que promoven Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

A campaña, posta en marcha o 10 de agosto de 2016, percorre toda Galicia cun obxectivo: que a poboación recicle os residuos e o faga de forma axeitada.

Haberá agasallos para todas as persoas que participen na carreira e unha zona lúdica e informativa onde atletas e público poderán disfrutar de diversas actividades arredor da reciclaxe. Toda a información está en www.oportunidadesparareciclar.gal

Quinta proba do circuito

A carreira da Ponte é a quinta do circuíto de probas populares Correndo por Ourense que organiza o Coinsello Municipal de Deportes coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca

A proba, na categoría de xuvenil, xunior, promesa, senior e veterán sairá ás 12,30 horas da rúa Francisca Herrera (12 de Outubro) e percorrerá Avenida de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avenida das Caldas, Jose .Antonio Moretón, Ribeiriño, Av. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, e Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta). Serán 3 voltas ao circuíto ata completar un treito total de 5.700 metros, Previamente, desde as 12,00 horas terá lugar a carreira nas categorías de Pitufos, Benxamín-Alevín e Infantil- Cadete

O prazo de inscrición está aberto ata mañá, mércores, a través da páxina web www.championchipnorte.com. A día de hoxe son 1.363 o total de corredores e corredoras que se inscribiron no circuiíto popular.

Líderes del circuíto

Rubén Diz lidera o circuíto tras sumar a súas participacións con victorias. Tras non competir na carreira do Vinteún está obligado a competir nas dúas restantes, a da Ponte e a do barrio da Carballeira.

En mulleres o triunfo de Ana Ocampo na carreira da Zona Universitaria sobre Iria Fernández, que lidera do circuito, permítelle manterse con opcións de loita pola victoria absoluta.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: